As Xornadas de Folclore volven un ano máis á provincia nun dos eventos máis esperados do verán cultural ourensán. Nesta 39ª edición contan coa participación de seis agrupacións folclóricas procedentes de Colombia, México, Panamá, Serbia, Senegal e Taiwán.
Cada ano, unha media aproximada de 25.000 espectadores desfrutan deste evento, grazas a ese carácter itinerante pola provincia. Cada noite, dende o pasado 12 de agosto, haberá dous espectáculos en dúas vilas diferentes da provincia.
O Carballiño recibirá este espectáculo este sábado, día 17. Actuarán na Praza Maior, dende as 22:30 horas os grupos de Panamá, Senegal e México. Para este municipio é unha das actividades con máis público da programación estival, ao ser un punto turístico de gran afluencia nestas datas.