O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro ten todo preparado para a novena edición da cerimonia de entrega dos seus premios, que se vai celebrar mañá, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela a partir das 10.30 horas.

Durante o evento desvelarase o resultado da Cata Oficial que recoñece os mellores viños brancos e tintos, de adega e de colleiteiro.

O catador e profesor Luís  L. Paadín será nomeado “Persoeiro de Honra” 2020 e Alfonso Albor Rodríguez, recibirá o Premio “Vida entre Vides”. Tamén se entregarán os premios “Muller e Viño” a Esther Daporta; o “Mellor Labor de Comunicación”, a Francisco Gil do Cousas de Comer; o “Mellor servizo de viño en restaurante”, ao Restaurante Asador Los Abetos, de Nigrán; á “Mellor tenda de viños-viñoteca”, a Valladares, en Santiago; e o “Mellor bar de viños-taberna” a Derby, en Vilagarcía.