O barrio de San Ramón celebra hoxe e mañá as súas festas

O barrio do San Ramón, no Carballiño, está en festas. Tanto hoxe pola noite como toda a xornada de mañá haberá actividades para todos os públicos. Hoxe, dende as 21:00 horas, está actuando Luis Moreta e a continuación, DJ Tibu con karaoke.

Mañá será o día grande. Dende as 10:00 horas estará animando as rúas “Os tres galeguiños”. Ás 12:00 horas, misa solemne na Veracruz e procesión. Pola tarde, ás 18:00 horas festa infantil con DJ Tibu. Pola noite, verbena co trío Azar e concerto de Sezz&Eme.

AVANTAR ACTIVIDADES