O concello de Ribadavia informará ós veciños a través de Whatsapp

O Concello de Ribadavia pon en marcha un novo servizo gratuíto de información mediante Whatsapp, para aos veciños e veciñas que non teñan redes socias. Con este servizo espérase poder manter unha comunicación aínda máis directa cos veciños. A través del enviaranse avisos urxentes, alertas meteorolóxicas, datos da COVID-19 e noticias de importante interese.

Para activar este servizo hai que introducir na axenda do teléfono móbil o número 988477100. Enviar unha mensaxe de whatsapp coa palabra ALTA a este número. Logo disto, o usuario recibirá un whatsapp de benvida.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para darse de baixa no servizo municipal de Whatsapp basta con enviar unha mensaxe de whatsapp coa palabra BAIXA a este número e o usuario recibirá a súa confirmación para non recibir máis mensaxes.