A asociación que se encarga de preparar cada ano o Belén de Dacón iniciou unha campaña de axuda para as familias afectadas polo incendio en Dacón do pasado luns.. Hoxe pola mañá, nas horas nas que se tería que celebrar este evento, encargaronse de facer unha recaudación solidaria. Están ubicados na Praza da Igrexa dende as 11:30 horas ata as 13:30 horas.
PREMER NA IMAXE

Os reises magos e o Alcalde de Maside tamén se acercaron para facer agasallos e colaborar con esta iniciativa solidaria

O pasado luns, as lapas asolagaron unha vivenda en Dacón, deixando a dúas familias completas sen nada. Dende que se soubo a noticia, foron moitas as mostras de cariño que recibiron, pero tamén axuda. Ata o momento, xa se recaudaron tanto roupa como enseres do fogar para as dúas familias. A cantidade recolectada foi tanta que os Asuntos Sociais do concello de Maside tiveron que facerse cargo para axudar a xestionar toda a axuda.