Ourense descende por terceiro día os casos activos, pero incrementa os ingresos hospitalarios

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 277 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 5.508, unha cifra que descendeu esta fin de semana en apenas preto de 150 casos. A presión asistencial ascendeu levemente. Hoxe hai 58 (+7) persoas na UCI, e 295 (+9) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a encadea o segundo días de baixada. Rexistra 18 casos novos confirmados por PCR. A cifra total baixa ata os 525 (-15) casos activos. A cidade de Ourense xa conta co seu tercer día consecutivo de descenso, con 153 casos do total. Os hospitais presentan un lixeiro incremento, contando hoxe con 22 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; delas, 4 está na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES