Coñeceron de primeira man a proba piloto do servizo de vídeo interpretación nas urxencias hospitalarias
19, xaneiro, 2024
● As candidatas ao Parlamento de Galicia pola provincia de Ourense, Noelia Pérez e Marisol Díaz, reuníronse esta mañá coa Asociación de Persoas Xordas de Ourense para coñecer o funcionamento e valoración a proba piloto da nova plataforma de comunicación impulsada polo goberno de Alfonso Rueda, para que as persoas xordas que acudan a calquera dos servizos de urxencias dos hospitais públicos de Galicia podan comunicarse de forma áxil e segura.
● As candidatas agradeceron a “positiva” valoración que a asociación fai deste proxecto, que “pronto será unha realidade en 14 hospitais, 90 PAC e en 125 ambulancias grazas ao compromiso da Xunta de Galicia coas persoas con discapacidade”. Unha iniciativa que lles “permitirá ter máis autonomía e seguridade cando teñan unha urxencia en calquera momento, as 24 horas do día”.
● Tamén coñeceron outras novas necesidades e iniciativas que o colectivo precisa para seguir avanzando na súa inclusión e mellorando a súa vida.
● “Faremos todo o que estea na nosa man para seguir axudándovos como o estivemos a facer nestes anos, en favor da inclusión das persoas xordas”, destacaron.
.