Piñor queda libre de covid e os demáis concellos manteñen os mesmos datos ca onte

O Concello do Carballiño mantén os 6 casos activos de onte. Os casos mantéñense estables entre os 5 e os 7 nos últimos días. A comarca estabiliza os casos, baixando ata os 31 casos totais.

O foco preocupante segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, cun brote que se iniciou xa fai dez días e que a día de hoxe conta con 21 casos activos. Con respecto ós últimos días non sufriu apenas evolución este brote. Neste caso trátase do segundo brote importante nesta segunda ola. O primeiro rexistrouse no mes de outubro con 9 contaxiados e que se cobrou a vida dunha residente de 99 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Beariz mantén os 2 casos activos da fin de semana, ó igual que Boborás, que tamén conta con dous contaxiados. Piñor pasou de ter un caso activo onte a estar libre de covid. No caso do Irixo, Maside, Punxín e San Amaro, mantéñense libres de coronavirus.