Cales son as restricións activas para despedir e comezar o ano?

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, deu conta das medidas acordadas polo comité clínico durante a última reunión do comité clínico. Entre as novidades establécese que os horarios para os locais de hostalaría dos concellos que están en nivel máximo ou medio alto poderán abrir unha hora máis, é dicir, ata as 18:00 horas. O 1 de xaneiro, os locais terán que retrasar a súa apertura ata as 11:00 horas da mañá, volvendo o día 2 ó horario habitual. Entre as 00:00 horas do día 30 e as 23:00 horas do 1 de xaneiro, permitirase a mobilidade con motivo familiar, incluso nos concellos que teñen peche perimetral. A noite de Fin de Ano amplíase o toque de queda ata as 01:30 horas.

En canto ás reunións, recoméndase que se limiten a unha unidade familiar. Como máximo, permítese a reunión de dúas unidades familiares, cun máximo de dez persoas. No caso de ser máis de dúas unidades, o límite está na reunión de seis persoas e catro menores de 10 anos. Ademais, os establecementos deberán manter o peche das súas
portas ás 23:00 horas, unha nova que non foi ben recibida polo sector hostaleiro, xa que as cenas de noitevella deberán ser canceladas ou adaptarse ó servizo para levar.

AVANTAR ACTIVIDADES