A Policía Local destaca o remate de ano sen incidencias destacables

A Policía Local do Carballiño fai un balance positivo no que respecta ó cumprimento das medidas na celebración de Fin de Ano e Ano Novo. Destacan que as incidencias rexistradas tiña que ver co cumprimento do toque de queda. Nos tres días de celebración puxéronse soamente tres multas. Nos días festivos esta norma estaba ampliada ata as 01:30 horas e o resto de días ás 23:00 horas. As autoridades aseguran que se toparon con casos de confusión de horas e con outros que intentaban saltarse o toque de queda. Polo circunstancias de non poder abrir a hostalaría pola noite, algunhas celebracións trasladáronse á tarde, pero saldáronse sen incidencias.

Outro dos puntos onde se topan máis incumprimento das medidas é nos días nos que hai partidos de fútbol, xa que o remate dos mesmos coincide moi xusto co toque de queda na comunidade Galega.

AVANTAR ACTIVIDADES