O BNG demanda explicacións á Deputación de Ourense ante o escurantismo na adxudicación da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda

Bernardo Varela demanda á Deputación de Ourense que se fagan públicas as cuestión fundamentais desta adxudicación para valorar a viabilidade económica desta proposta.

Esta nova adxudicación incumpliría o prego de condicións  do mes de xullo de 2020 que as propias institucións, Xunta de  Galiza e Deputación de Ourense, se deron a sí mesmas para contratar con MEISA.

AVANTAR ACTIVIDADES

 Para o BNG a adxudicación sorpresiva do contrato de xestión da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, o día 30 de decembro, a través dun procedemento que  até o momento non foi aclarificado, nin tampouco os criterios económicos do contrato desta adxudicación, a unha empresa fundada en febrero de 2020 e sen aparente experiencia na xestión deste tipo de intalacións,  deixa moitas incógnitas no aire que non son propias da transparecia exixible a unha administración pública.

 “Tras quedar deserto o concurso para a adxudicación do contrato para a xestión da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda de fai uns meses por incumplimento dos requisitos exixidos no prego de condicións polas dúas empresas que se presentaron, na páxina de MEISA non figrua que se iniciase un novo concurso para adxudicar a xestión da estación”. Inidica Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación provincial de Ourense.

 Esta nova adxudicación incumpliría, ademáis, o último prego de condicións do 30 de xullo de 2020, que as propias institucións, Xunta e Deputación, se deron a sí mesmas para contratar con MEISA.  Incuprindose no apartado 7.1  referido á  “aptitude do contratista”  que establece  que só podrían contratar con MEISA  as persoas que teñan unha actividade relacionada directamente co obxeto do contrato. E incumpriríase o apartdo 7.2 referído ás “concidicións mínimas de solvencia” que establece que o “volumen de negocio, que referido ao ano de maior volumen de negocio dos últimos concluidos sexa igual ou superior ao volumen do contrato”

 Tendo en conta que a adxudicataria non ten nin sequer un ano de xestión, e que según a súa propia páxina web  o único servizo operativo do que dispón é  “un coqueto hotel de sete habitacións” en Panamá, non cumpliría coas condicións do último prego de condicións que levou a que ficase deserto o  concurso de adxudicación no mes de de outubro de 2020.

Para Varela, “sendo esta estación unha aposta fundamental para as comarcas encadradas no xeodestino Manzaneda-Trevinca; que despois dos inxentes fondos investidos polas adminstracións públicas, Xunta de Galiza e Deputación, para manter e mellorar, con até 4,5 millons de euros investidos nuns canóns de neve que apenas funcionaron dúas semanas en dous anos, non é aceptáble que se faga unha adxudicación deste calibre sen coñecer os aspectos fundamentais da mesma.”  

 “A Deputación conta co 49.45 % das accións de MEISA polo que debe dar explicacións da xestión da estación coa debida transperencia da que até o momento non fixo gala nesta xestión”, afirma o voceiro nacionalista, “por esta razón trasladamos á presidencia desta institución unha batería de preguntas para clarificar o proceso de licitación e a viabilidae económica desta proposta” así  “demandamos coñecer cuestións relativas ao procedemento de licitación, o informe previo á adxudicación, os prazos, as garantías de funcionamento, ás posibles melloras, os criterios económicos desta licitación, ou se a Xunta de Galiza e Deputación de Ourense dispoñibilizaron fondos públicos para facer fronte as melloras no funcionamento, e que tamén clarifiquen cal é a data de inicio de actividade.”  Senteciou o portavoz do grupo provincial do  BNG na Deputacion provincial de Ourenese.