A Marca O Irixo amplía os envíos gratuitos á península ata o 20 de xaneiro

IES CHAMOSO LAMAS

Dende o concello do Irixo, entidade organizadora desta iniciativa comercial, anunciaron onte que ampliarán a oferta de gastos de envío gratis para toda a península ata o próximo 20 de xaneiro. Esta oferta foi posta en marcha durante o Nadal, no que a Marca O Irixo ofreceu a posibilidade de mercar os produtos locais por lotes, con variedade de opcións e prezos.

A páxina web de venda de produtos forma parte do proxecto multisectorial Marca O Irixo, que busca poñer en valor as empresas do rural e a súa materia prima. Na tenda pódense obter carnes, embutidos, distintos tipos de panes, empanadas, pezas de repostería, lácteos e hasta xabóns realizados de forma artesanal. Trátase dun espazo que abre a porta a envíos a toda España en menos de 24 horas. Dende  a súa posta en marcha, antes do Nadal, fóronse sumando novas empresas e colaboración, que xa se poden consultar na páxina web.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA