Ourense supera hoxe a barreira dos 1.000 contaxiados, 114 nas últimas 24 horas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 627 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, incluso restadas as altas, os datos totais pasen ós 8.250, unha cifra que ascendeu nesta fin de semana en máis dun millar de persoas. A presión asistencial ascendeu. Hoxe hai 71 (+8) persoas na UCI, e 397 (+47) ingresados.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexístrase unha nova subida de casos. Contamos con 114 casos novos confirmados por PCR. Restadas as altas, a cifra sobe en 93 casos activos con respecto a onte, ata os 1.040 casos, encadeando un ascenso xa preocupante. Os ingresos nos hospitais ascenden tamén, aínda que de xeito moderado, contando hoxe con 45 persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; delas, 3 están na UCI.