Nesta convocatoria de axudas impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidad, a través de Augas de Galicia, os concellos recibiron axudas entre 7.000 e 15.000 euros. Na nosa contorna beneficiáronse os concellos de Piñor, Castrelo de Miño e Cortegada cunha contía de 9.825 euros cada un deles.
Trátase da segunda convocatoria de colaboración cos concellos nas súas competencias municipais. Este ano prevese coseguir que 40 concellos estean preparados para poder anticiparse a posibles situacións de seca. As axudas están destinadas a que cada concello dispoña do seu propio plan de emerxencia e teña claro como actuar en situación de alerta. Financian o 80% do custe da redacción do plan, cun importe de 15.000 euros por solicitude e subvencionan actuacións realizadas dende o 1 de xaneiro de 2020. Ademais, as axudas son compatibles co cofinanciamento que aporten outras administracións públicas.