O Carballiño sobe catro casos hoxe, ata os 37, liderando os contaxios da comarca

O Carballiño retoma a suba de contaxios. Nos últimos días os datos soben de xeito moderado, aínda que a tendencia xa amosa preocupación. Hoxe as cifras ascenden ata os 37, un catro ca onte. A comarca sobe os casos totais coma consecuencia, ascendendo ata os 51.

O foco preocupante, pola idade dos pacientes, segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai quince días e que a día de hoxe xa baixou ata os 8 casos activos, presentando hoxe os mesmos datos ca onte.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Irixo mantén os dous contaxiados logo de levar semanas sen ningún caso. Boborás sobe un caso tamén, para contar con dous contaxios. Piñor mantén un único contaxiado, igual ca no caso dos municipios de Punxín. No caso de Maside, Beariz e San Amaro, mantéñense libres de coronavirus.

E no Ribeiro, Ribadavia presenta hoxe o máximo da comarca, mantendo os 23 de onte.