Ribadavia xa non presenta hoxe o máximo da comarca, aínda que conta xa con 56 casos activos, dous casos máis ca onte e encadeando máis dunha semana de subida pronunciada de contaxios. No caso deste concello, esta evolución provocou que Sanidade o elevase a nivel máximo de restricións, medidas que están en aplicación dende hoxe.

Publicidade

O concello de Melón baixa dos 6 ós 5 casos activos e Beade mantén catro casos. Arnoia volve recuperar hoxe os 5 casos. Carballeda de Avia e Cortegada contan cun caso activo, igual que Castrelo de Miño, que paso hoxe a esta cifra contando onte con tres contaxios. Cenlle mantén hoxe os dou contaxios. Avión é o único concello que está libre de coronavirus.

O aumento no número de casos positivos en Covid-19 rexistrado en tan pouco tempo no concello de Leiro débese ao brote declarado no xeriátrico da localidade. A día de hoxe, a cifra en Leiro ascende a 71 contaxiados. Na residencia de maiores están todos os residentes menos catros pasando polo virus, e tamén os traballadores e o equipo directivo.

A gran maioría dos casos activos son asintomáticos podendo  confirmar por fontes autorizadas que a situación esta estable.