A Policía Local sumará cinco auxiliares en febreiro e catro máis a metade de ano

O comezo do ano supuxo que o corpo da Policía Local tivese que notificar a baixa dos 12 auxiliares que estiveron prestando servizo de apoio ás autoridades durante o pasado ano. A esta situación hai que sumar tamén os tres policías que se atopan de baixa no servizo. Na entrada en vigor das novas medidas restritivas xa a pasada semana, o xefe da Policía facía un chamamento a outros corpos de seguridade ante a falla de persoal para cubrir os controis necesarios.

Publicidade

A partir do próximo día 1 de febreiro, sumaranse ó corpo 5 auxiliares, que colaborarán no control das medidas activas fronte á pandemia e nas labores diarias. Ademais, no segundo semestre do ano sumaranse outros catro auxiliares.