Comunicado de PROSAGAP

PROSAGAP volve a denunciar non só, a falta de empatía que ten a Xerencia co Sr. Felix Rubial o frente, e a Dirección de Enfermería cos traballadores de Chou, senon a despreocupación que mostran pola poboación de Ourense nunha 3ª Ola que estamos a sufrir.

ESIXIMOS o cese do Xerente da Area Sanitaria de Ourense polo seu talante dictatorial e intimidatorio hacia os/as profesionais que, unha vez máis mostra trala situación vivida este luns no servicio de Urxencias.

AVANTAR ACTIVIDADES

Despois da reunión mantida a dia de hoxe co Sr. Felix Rubial, na que se expon a situación na que se encontra o servizo, as condicios nas que teñen que desempeñar os distintos postos de traballo dentro dunha 3ª ola desta pandemia, o sentimento de desorganización que sufriron os traballadores, e así o transmitiron a través das redes sociales e medios escritos de comunicación que fixeron eco delo.

Situación que repercutiu tamén nos ususarios do Servizo Urxencias, con doentes positivos en Covid-19 confirmados con outros pendentes e de outras patoloxías que compartiron a mesma sala. Todo elo por falta de Recursos Humanos e espazo físico, que esta carencia vense arrastrando incluso antes da pandemia.

A todo esto, que nos contesta o noso Xerente Felix Rubial ante este panorama?…….. “Que accederon o servizo de Urxencias un número inferior de usuarios que no mesmo día do ano anterior, e que era normal por ser luns”. Sr. Rubial, que a situación de pandemia no mes de xaneiro do 2020 non existía, que imos pola 3ª Ola e o obxetivo é erradicar os contaxios, evitar que xurdan gromos e iste servizo e caldo de cultivo para os doentes e os profesionais. “Que dos usuarios que entraron a urxencias, un 30% deron positivo en Covid-19, en non se activa o plan de Continxencia ata o 35%, ou o porcentaxe anterior ser reiterativo”.

Asombrada se queda unha cando, a día de hoxe, non hai plan de Continxencia no Chou, e máis ainda, coa situación preocupante na provincia de Ourense, na que se van a tomar medidas de alto risgo, e no Servizo de Urxencias hai que seguir a mesturar os doentes porque non se acadou a porcentaxe suficiente para reorganizar os circuitos como se fixo na 1ª ola. “Que hai profesionais que poden ver un caos nunha situación normal, que xa sabemos que o servizo de Urxencias e impredecible, no que se poden vivir situacios estresantes e que os profesionais resolveron perfectamente”.

Decímoslle, unha vez máis gracias os traballadores, a sua responsabilidade profesional e moral fan que os turnos saian adiante, pero si hai que puntualizar que o esgotamento físico e mental está chegando o seu límite. O Sr. Xerente está omitindo a súa responsabilidade, porque dentro das súas funciós está a de “programar, dirixir e controlar a ejecución da actividade a través dos medios personales e materiales disponibles”; pautas de actuación que non están delimitadas e teñen que atallar como poden nun servizo central como Urxencias

Unha mostra máis da falta de empatía cos profesionais a os que él mesmo pide empatía coa situación e colaboración. Outra das súas funcios como Xerente da Area Sanitaria é a de “Gestionar os planes de calidade, seguridade e atención o doente”; polo tanto, que calidade e seguridade tuveron os usuarios que accederon o Servizo de Urxencias o luns??.. pouca ou ningunha, cando estuveron mesturados nunha sala doentes positivos en Covid-19 co resto de doentes esperando horas…cando se trasladan pacientes de unha unidade a outra as 2, 3 e 4 da maña, poque urxe cerrar plantas…cando hai que pedir por favor unha televisión gratuita en situación de pandemia con doentes aillados en habitacios nas que solo teñen contacto con profesionais que non lles ven a cara polo epi que levan…

Solo centrándonos nun servizo, neste caso o de Urxencias temos razóns suficientes para pedir a dimisión do Sr. Xerente Felix Rubial, pero a pena é que a situación extendese a mayoría dos servizos do Chou.