Ribadavia completa a sinalización do Camiño Miñoto Ribeiro

A dous días de comezar o Ano Santo Compostelano, a Asociación de Concellos do Camiño Miñoto Ribeiro recibiu a Compostela, o recoñecemento oficial da igrexa para este trazado. Na reunión presentouse toda a documentación histórico-científica sobre o itinerario, e tamén se falou doutros temas relacionados co camiño.

Publicidade

Logo deste recoñecemento, a pesar de que os concellos polos que transcorre xa traballan no seu acondicionamento, en Ribadavia procederon a instalar unha nova sinalización completa por todo o transcurso.

Este itinerario en concreto está cheo da historia da zona, pasando por hospitais, monasterios, igrexas, capelas, cruceiros, encomendas da Orde de San Xoan, pontes medievais e bodegas históricas.