Onte domingo celebrouse no Irixo unha nova edición da Festa do Cabalo e Feira do Tellado. Este concello, igual ca outros da contorna como Boborás, tamén apostan pola recuperación de tradicións antigas, como é este evento. O nome débese a un lugar da parroquia de San Cosme de Cusanca, da que non se coñece a orixe exacta pero que hai data de que existía fai máis de 100 anos e que deixou de celebrarse fai uns 30 anos. Dende o pasado ano, o concello decidiu xuntar os dous eventos, compartindo tradicións de ambos.
Pola mañá celebrouse unha Ruta do Cabalar polos montes da vila, e pola tarde, diferentes concursos de andadura e trote, con entrega de premios ao final da xornada. Déronse cita tamén diferentes postos de artesanía e produtos agrícolas da propia zona e arredores, encantados de poñer de novo o foco no mercado de proximidade e antigos oficios. Ao mediodía todos xuntáronse para un xantar popular.