Ribadavia baixa ata os 43 casos activos e Leiro segue subindo, con 84 contaxios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O brote declarado no xeriátrico de Leiro afecta a case todos os residentes e 15 traballadores. Ante esta situación e representando o máximo da comarca do Ribeiro, a Xunta tomou o fai unha semana a decisión de intervir o centro. Case todos atópanse asintomáticos e dende o centro aseguran que a situación está estable. A totalidade do concello ascende hoxe ata os 84 casos activos, tres máis ca onte.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia presenta hoxe 43 casos activos, un menos ca na xornada de onte. Neste caso, o BNG pide que o concello aborde co Sergas un posible fallo no resultado do cribado de fai unha semana. A portavoz Maite Rodríguez manifestou que había esa dúbida tendo en conta que se realizaron oficialmente 476 test de antíxenos (o 63´5 % das 750 persoas convocadas), e xa estaban detectados como casos activos o mesmo día do cribado 1 de cada 100 habitantes (53 casos entre 5.012 habitantes do concello).

O concello de Melón sobe de novo un caso, para contar con 9 casos activos. Arnoia baixa un caso ata os 5 contaxios, par igualar a cifra de Cenlle. Beade mantén os tres contaxiados. Avión mantén dous contaxios, igual que Cortegada. Cun so caso activo atópase Carballeda de Avia e Castrelo de Miño.