O brote declarado no xeriátrico de Leiro que afectaba a case todos os residentes e 15 traballadores comeza a desfacerse. Ante esta situación e representando o máximo da comarca do Ribeiro, a Xunta tomou o fai unha semana a decisión de intervir o centro. Case todos atópanse asintomáticos e dende o centro aseguran que a situación está estable. A totalidade do concello descendeu onte coma consecuencia, ata os 62 casos, que se manteñen hoxe.
Ribadavia presenta hoxe 40 casos activos, dous máis ca na xornada de onte. O concello de Melón sobe de novo un caso, para contar con 10 casos activos. Cenlle e Beade manteñen hoxe cinco casos activos. Avión conta con catro positivos e Arnoia con tres. Carballeda de Avia conta con dous casos activos e Cortegada con un so caso. Castrelo de Miño é o único que non ten ningún caso de coronavirus.