Miguel García protagoniza a segunda charla das Xornadas pola Ciencia

As Xornadas pola Ciencia continúan no Carballiño. Onte pola tarde foi a quenda do físico, investigador e Premio Nacional de Meteoroloxía Miguel García Pérez, que impartiu a charla titulada “Cuarenta anos de investigación climática no Carballiño”.

Miguel considera que esta iniciativa pode chamar a novos alumnos a participar no apasionante mundo da investigación. Para el, i interese de coñecer como funciona o mundo foi o que o motivou a dedicarse á ciencia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello e os representantes dos centros educativos uniron esforzos para organizar esta iniciativa, que se desenvolverá durante toda esta semana e rematará o venres cando os estudantes leven os seus experimentos á Praza Maior.