O comercio ambulante leva ante a valedora do pobo ós concellos que non permiten a súa actividade

A Valedora do Pobo comprométese a estudar o caso do incumprimento do D.O.G. por parte de 90 Concellos que tomaron a decisión de suspender a feira/mercado, estando autorizadas por Sanidade. Tras diversas Xuntanzas cos Concellos que seguen anclados no NON, a Plataforma Galega do Comercio Ambulante vese na necesidade de solicitar “Amparo Institucional” para defender o que aseguran que é o dereito ao traballo. Esixen que lles deixen traballar a máis de 2.000 familias galegas que viven da venda ambulante, cumprindo as restricións sanitarias impostas. Aseguran que a situación lles está a provocar unha desolación económica nunca vivida. Ao non ter decretado o peche da súa actividade por Sanidade, non teñen axudas específicas para o sector, mantendo o pago de impostos por 30 días, e obrigándoos a non traballar 10 días.

Entre os concellos da nosa contorna que aseguran que non cumpren ca normativa está O Carballiño, Castrelo de Miño e Cortegada. Pola contra, os que afirman que sí cumpren co DOG son Avión, Carballeda de Avia, San Cristovo de Cea, Ribadavia, Maside e Piñor.

AVANTAR ACTIVIDADES