O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén reúnese co alcalde da Teixeira e por videoconferencia coa alcaldesa de Porqueira

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

AVANTAR ACTIVIDADES

A primeira hora, mantivo unha reunión co alcalde da Teixeira, Miguel Antonio Cid, co que tratou temas prioritarios para o municipio en materia ambiental e de patrimonio cultural, entre outros. Deste xeito, Gabriel Alén fixo referencia ao convenio asinado coa Axencia Turismo de Galicia para a realización de actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no concello cun investimento de 30.000 euros, así como as accións medioambientais de conservación forestal na contorna do municipio que está a desenvolver a Consellería de Medio Rural en colaboración coa Deputación Provincial.

Posteriormente reuniuse por videoconferencia coa alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, coa que analizou as principais demandas deste municipio en relación á Administración autonómica. Os principais asuntos que repasaron foron sobre medidas forestais e agrícolas, e mellora das infraestruturas urbanas. Tamén falaron da recente concesión dunha caldeira de biomasa na residencia e maiores por un importe de 34.523 euros para fomentar tanto o uso das enerxías renovables como unha maior eficiencia enerxética, así como da execución de melloras nos parques infantís do concello.