O Concello de Boborás fixo entrega hoxe a Protectora de Animais do Carballiño de 847 kilos de comida para cans, así como mantas, xoguetes, camas e mediciñas que achegou a veciñanza os puntos de recollida habilitados. O acto de entrega levouse a cabo por parte da alcaldesa Patricia Torres, así como da concelleira de Benestar Animal; Marina Domínguez,por parte do concello, e pola protectora estivo presente María Isabel Cuiñas Prieto colaboradora da entidade, participando tamén dous voluntarios de Protección Civil, organización que axudou o traslado de todo o recollido.
Tanto a entidade local como a protectora queren agradecer a todos os establecementos que se puxeron como punto de entrega, Pazo Tizón, Agro Hermida, Bar Nictron e o Supermercardo Gadis, e sobre todo a todas as persoas que quixeron colaborar nesta campaña solidaria achegando alimentos, mantas, camas e xoguetes para poder por o graiño de area para o coidado dos cans da nosa comarca que son abandonados.
O Concello de Boborás anuncia que máis adiante fará outra campaña de recollida.