Alumnado do Ciclo Formativo de elaboración de viño e aceite do I.E.S. O Ribeiro (Ribadavia) realiza prácticas de poda nunha plantación de oliveiras

Alumando do Ciclo Formativo de elaboración de aceites e viños que se imparte no I.E.S. O RIBEIRO (Ribadavia), tivo a oportunidade de introducirse máis a fondo na realidade do sector da oliveira, con cada vez máis presenza na Provincia de Ourense e en particular, na comarca do Ribeiro.

Así é que, no día do venres, celebrouse unha xornada formativa nunha finca situada na parroquia de Gontán, no Concello de San Amaro. Esta práctica, foi levada a cabo en colaboración coa empresa olivareira Ourensá, Alma Meiga, e na formación participaron técnicos encabezados por Ramón Pulgar, experto oleólogo a nivel nacional e internacional.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cada vez son máis zonas no Ribeiro e en Galicia, as que optan polo cultivo da oliveira como alternativa de produción no medio rural da nosa comunidade. Nalgunhas zonas a tradición olivareira xa ven de moi antigo, e noutras estase a posicionar como opción para preservar o medio natural.

Estas plantacións ofrecen unha vía sustentable que xera valor engadido e potencia os recursos autóctonos para ofrecer un produto de alta calidade a un mercado cada vez máis competitivo.