Ciudadanos perde o único concelleiro na comarca, Eulogio González, de Punxín

Imaxe dun pleno no concello de Punxín en decembro de 2019.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A crise que nos últimos días está sufrindo a formación de Ciudadanos na cidade de Ourense estase a trasladar tamén á nosa contorna. O único concelleiro que conta a formación na comarca do Carballiño era o de Punxín, Eulogio González. Esta fin de semana anunciou que se daba de baixa nesta formación e que seguirá formando parte da corporación como concelleiro non adscrito.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En Punxín, a formación do equipo de goberno actual produciuse grazas ó apoio de Ciudadanos ó Partido Popular, que estaba en minoría nas eleccións de 2019, e no que forman a alcaldía Manuel Vázquez Casalta e tentente alcalde Eulogio González.