Os veciños de Seixalbo preocupados polas obrs do ave

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Estando a piques de rematar a actual fase das obras do AVE a Asociación Veciñal de Seixalbo acaba de presentar na CONCELLERÍA INFRAESTRUTURAS do Concello de Ourense escrito solicitando un exhaustivo seguimento destas obras para evitar “flecos” que acaben sendo unha carga para os residentes na zona.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Velaí o texto do escrito presentado:

Remate fase actual obras AVE

De xeito inminente, en cuestión de días, vanse dar por finalizadas as obras da Alta Velocidade ferroviaria na actual fase, no tramo Seixalbo-Seixalbo.

A experiencia indícanos que, lamentablemente, cando a actual empresa contratista abandone o “tajo” e posible que queden determinadas incidencias de aparencia menor pero con gran repercusión na vida diaria dos veciños e veciñas que residimos nesta zona.

Como parte das infraestruturas afectadas por esta obra son de titularidade municipal, creemos a conveniencia que por parte dos técnicos municipais se faga un seguimento exhaustivo destes “remates” e que non quede unha carga para as arcas do concello de Ourense, e un deterioro dos servizos para a veciñanza.

Consideramos de especial relevancia a reposición de servizos tales como alumeado público, abastecemento de auga e saneamento domiciliario, evacuación de pluviais e pasos de auga circunstanciais ou permanentes como regatos.

Tamén, e especialmente, a mellora e afirmado de camiños públicos e servidumes de paso ás fincas, así como a correcta execucións das entradas aos predios tanto públicos como privados, con dotación das correspondentes ramplas, tubos salvacunetas e aquelas outras que sempre asistiron e que foron afectadas ou modificadas pola actual traza ferroviaria e as súas obras complementarias inherentes.

Por último, indicar que nos terreos expropiados por ocupación temporal sexan devoltos en perfecto estado de uso cando remate esta ocupación, coa reposición dos marcos ou “mojones” divisorios das distintos predios que compoñían o parcelario pre-existente.

Diante do exposto, solicitamos que, por parte do concello, se tomen as medidas oportunas para un correcto control e seguimento destas obras antes que a empresa contratista entregue as obras finalizadas ao promotor e se corrixan ou minimicen os danos e afeccións tanto ao patrimonio público como privado.