Ribadavia presenta hoxe 8 casos activos, baixando seis casos dos 17 que había onte. Ribadavia presentou o seu pico máximo o 27 de xaneiro co 56 casos.
O número de afectados no concello de Leiro está hoxe en 6, mantendo esta cifra dende o sábado. A situación comezou a remitir a pasada semana e rexistrouse o pico máximo o día 30 de xaneiro, con 87 casos.
O concello de Melón mantén dous contaxios. Avión conta con 5 casos activos e Beade baixou esta fin de semana ata un so contaxio. Cenlle conta con 2 casos activos e Arnoia conta con 3 casos. Carballeda de Avia conta cun so contaxio e Cortegada pasou de estar libre de covid a ter un caso hoxe. Castrelo de Miño está libre de coronavirus.