O BNG solicita un órgano municipal que supervise as contratacións do concello

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A cantidade de reparos observados en varios contratos  municipais e a falta de transparencia,  son o motivo polo que demandan un control máis exhaustivo sobre o gasto, segundo afirma a súa Voceira, Sofía García. 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Son varios os reparos de intervención ós que se refiren os nacionalistas  que entenden que vulneran os requisitos contemplados na lei de contratos do sector público, como o fraccionamento de contratos para que sexan contratos menores, e  que  se chegan a indicar en  informes de intervención.

A isto, engade a nacionalista,  a multitude de impedimentos e demoras inxustificadas para acceder á documentación que se solicita desde a oposición non fai máis que denotar unha grave falta de transparencia que impide realizar correctamente a labor da oposición.  Exemplo claro destes feitos é que en febreiro de 2020 solicitouse polo BNG a relación de contratos menores feitos polo concello e aínda  estamos agardando, di García. Ou a documentación relativa ao alumeado de nadal do Carballiño.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------