O Ribeiro establécese en cifras previas ó Nadal, superando os grandes brotes de covid

coronavirus

Ribadavia presenta hoxe 6 casos activos, un menos ca onte. Nos últimos días sufriuse un descenso acusado chave para volver a cifras estables. Ribadavia presentou o seu pico máximo o 27 de xaneiro co 56 casos.

O número de afectados no concello de Leiro está hoxe en 5. A situación comezou a remitir a pasada semana e rexistrouse o pico máximo o día 30 de xaneiro, con 87 casos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos manteñen os mesmos datos ca onte. Avión conta con 4 casos activos. Arnoia, Cenlle, Cortegada e Melón presentan dous casos cada un. Beade e Carballeda de Avia presentan un caso activo cada un e Castrelo de Miño é o único libre de coronavirus. Todos eles descenderon os seus datos nos últimos días, onde Melón e Avión contaron con cifras elevadas para o número de habitantes.