O Delegado da Xunta repasa novos proxectos co alcalde de Piñor

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial. Nesta ocasión, desprazouse ao concello de Piñor, onde mantivo reunion co alcalde José Luís González,  analizando as principais demandas en relación á Administración autonómica.

Publicidade

En canto ao concello de Piñor, Gabriel Alén tivo a ocasión de analizar xunto co seu rexedor, José Luís González, temas prioritarios para o municipio en materia ambiental e de patrimonio cultural, entre outros. O delegado sinalou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai contratar a redacción do proxecto da segunda fase da travesía do Reino. Así mesmo, destacou que Vicepresidencia primeira está a redactar o proxecto de construción dun novo albergue para peregrinos, que ascende a preto dun millón de euros, e cuxa singularidade é que contará con cabalarías para aqueles peregrinos que fagan o camiño a cabalo.