As Concelleiras Socialistas de Punxín veñen de solicitar a adhesión do Concello ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Facenda e a FEGAMP para a universalización de servizos financeiros. Segundo as socialistas, o obxectivo desta iniciativa consiste en facilitar que toda a poboación teña acceso a servizos financeiros no seu Concello, mediante a instalación dun caixeiro automático, a prestación dun servizo de asistencia financeira de forma presencial e a oferta de formación en banca electrónica para adquirir nocións básicas. Segundo a voceira socialista, Lorena Peleteiro, “é unha oportunidade para contar en Punxín co acceso á prestación de servizos financeiros que non podemos deixar escapar”.