Marina Ortega reclama explicacións no Parlamento sobre os contaxios masivos nas residencias de Cervo e Ribadavia: “a Xunta ten que tomar medidas”

Marina Ortega exise que se achegue información sobre “protocolos adoptados” e “parámetros obxectivos” para a toma decisións na Residencia de Maiores de Cervo

Reclama que a Xunta “dea a coñecer á cidadanía os criterios obxectivos e o tempo no que se basea para intervir” centros como a Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia

AVANTAR ACTIVIDADES

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de reclamarlle á Xunta, a través dunha batería de iniciativas parlamentarias, que responda na Cámara da súa xestión nas residencias de Ribadavia e Cervo, as últimas nas que se rexistraron contaxios masivos nas últimas xornadas, á vista de que os protocolos de protección dos maiores “están fallando”.

En concreto, Ortega esixe que se achegue información sobre os “protocolos adoptados” e os “parámetros obxectivos” seguidos para a toma decisións na residencia de maiores de Cervo, na cal nas últimas horas “houbo casos masivos”.

Ademais, a deputada socialista reclama que a Xunta “dea a coñecer á cidadanía os criterios obxectivos e o tempo no que se basea para intervir” centros de atención residencial como a Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia.

Neste senso, urxe á Consellería a “tomar medidas” para “garantir o aumento na ratio de persoal dos centros de xeito inmediato”, así como “axilizar un protocolo que permita illar do propio centro coa maior brevidade posible aos positivos detectados”.

A responsable socialista alerta de que, durante a primeira onda, “o maior agravio provocado polo virus deuse nas residencias de maiores e, como vítimas directas, as persoas maiores residentes nas mesmas”. Ademais, lamenta que “a porcentaxe de contaxios maior foi naqueles centros de atención residencias de carácter privado e cun maior número de ocupación”.

Por todo isto, Ortega considera “imprescindible abordar a cuestión de xeito transversal e coordinado”, xa que “estamos en novembro, e son numerosos xa os centros de atención residencial afectados pola covid sen control”. Así, lamenta que “se está a chegar a casos abruptos que invaden a práctica totalidade das residencias afectadas, sen cambios significativos nos protocolos de actuación respecto á primeira onda da pandemia”.

Por último, Ortega apunta que, malia que o Grupo Socialista presentou unha batería de iniciativas para poder obter datos do que está a acontecer nas residencias de maiores durante esta segunda onda, porque “non existe información clara ao respecto” por parte da Consellería de Política Social.

Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputada e deputado, Marina Ortega Otero e Julio Torrado Quintela, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Galicia atópase na actualidade inmersa na segunda onda da pandemia provocada polo coronavirus Covid-19. Durante os pasados meses en Galicia, na primeira onda, o maior agravio provocado polo virus deuse nas residencias de maiores, e coma vítimas directas as persoas maiores residentes das mesmas. A porcentaxe de contaxios maior foi naqueles centros de atención residencial de carácter privado e cun maior número de ocupación. O número de falecementos por contaxios Covid-19 en residencias é case a metade dos contaxios da Covid-19 en Galicia, polo que é imprescindible abordar a cuestión de xeito transversal e coordinado. O certo é que estamos a novembro, e son numerosos xa os centros de atención residencial afectados pola Covid-19 sen control, chegando a casos abruptos  que  invaden  a  práctica  totalidade  das  residencias  afectadas,  sen cambios significativos nos protocolos de actuación respecto á primeira onda da pandemia.

Na segunda onda da pandemia en Galicia o Grupo Parlamentario dos  Socialistas presentamos iniciativas para poder obter datos do acontecido na mesma, para saber explicitamente os parámetro obxectivos de intervención dunha residencia ou non, para coñecer as actuacións previas en ditas residencias, para saber se a Xunta de Galicia aportou recursos humanos e materias e cales en concreto, etc. Non  obstante  non  existe  información  clara  ao  respecto  sobre  este  tipo  de asuntos. Un dos últimos centros de atención residencial afectados é o da Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia.

É  urxente  tomar  medidas  por  parte  da  Consellería  de  Política  Social  para garantir o aumento na ratio de persoal dos centros de atención residencial de xeito inmediato, así coma axilizar un protocolo que permita illar do propio centro  residencial  coa  maior  brevidade  posible  aos  positivos  detectados  do centro en cuestión.

Polo  exposto,  o  Grupo  Parlamentario  dos  Socialistas  de  Galicia  presenta  a seguinte Proposición non de lei.

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dar a coñecer á cidadanía galega os criterios obxectivos, así coma o tempo no que se basea a Xunta de Galicia para intervir un centro de atención residencial Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia. Así como os antecedentes deste centro antes dos contaxios en canto ao cumprimento da normativa (sobre todo ratio de persoal) e tempo de resposta da actuación da Xunta de Galicia en intervir en base as circunstancias e coñecemento da situación do centro.”

Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputadas e deputado, Marina Ortega Otero, Patricia Otero Rodríguez  e Julio Torrado Quintela, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Galicia atópase na actualidade inmersa na segunda onda da pandemia provocada polo coronavirus Covid-19. Durante os pasados meses en Galicia, na primeira onda, o maior agravio provocado polo virus deuse nas residencias de maiores, e coma vítimas directas as persoas maiores residentes das mesmas. A porcentaxe de contaxios maior foi naqueles centros de atención residencial de carácter privado e cun maior número de ocupación. O número de falecementos por contaxios Covid-19 en residencias é case a metade dos contaxios da Covid-19 en Galicia, polo que é imprescindible abordar a cuestión de xeito transversal e coordinado. O certo é que estamos a novembro, e son numerosos xa os centros de atención residencial afectados pola Covid-19 sen control, chegando a casos abruptos  que  invaden  a  práctica  totalidade  das  residencias  afectadas,  sen cambios significativos nos protocolos de actuación respecto á primeira onda da pandemia.

Na segunda onda da pandemia en Galicia o Grupo Parlamentario dos  Socialistas presentamos iniciativas para poder obter datos do acontecido na mesma, para saber explicitamente os parámetro obxectivos de intervención dunha residencia ou non, para coñecer as actuacións previas en ditas residencias, para saber se a Xunta de Galicia aportou recursos humanos e materias e cales en concreto, etc. Non  obstante  non  existe  información  clara  ao  respecto  sobre  este  tipo  de asuntos.

Datos recentes, sobre os brotes na Mariña Lucense, indican que na residencia de maiores de Cervo hai 33 casos positivos (25 usuarios 8 traballadores)

É  urxente  tomar  medidas  por  parte  da  Consellería  de  Política  Social  para garantir o aumento na ratio de persoal dos centros de atención residencial de xeito inmediato, así coma axilizar un protocolo que permita illar do propio centro  residencial  coa  maior  brevidade  posible  aos  positivos  detectados  do centro en cuestión.

Polo  exposto,  o  Grupo  Parlamentario  dos  Socialistas  de  Galicia  presenta  a seguinte Proposición non de lei.

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que aporte a información en canto aos protocolos adoptados e parámetros obxectivos para a toma de decisión na Residencia Maiores de Cervo unha vez entrou no centro o coronavirus Covid-19