Ourense baixa dos 500 casos activos e reduce a ocupación da UCI a cinco ingresados

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 260 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 6.772. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 121 (-12) persoas na UCI, e 565 (-36) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexístranse 27 xornadas de descenso de casos. Contamos con 18 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 71 casos, ata os 438 casos totais. Os hospitais descenderon as súas cifras, contando con 47 (-9) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (-3) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES