O BNG dille a Jácome: os caprichos persoais non os pode pagar a veciñanza

Para os nacionalistas, cómpre agardar a que a fiscalía determine se procede seguir investigando ao alcalde ou non polos feitos denunciados ao tempo que lle piden a este respecto polas actuacións en curso e non dar por feito o arquivo das mesmas xa que este aínda non se produciu

En relación ás informacións xurdidas no día de hoxe nos medios de comuniciación sobre a investigación que se está levando a cabo desde a físcalía en relación coa supresión do sistema regulado de aceso á zona histórica de Ourense e onde o alcalde Gonzalo P. Jácome aparece como investigado, O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense agardará á decisión da propia fiscalía de continuar coa investigación ou non para pronunciarse.

AVANTAR ACTIVIDADES

Mái aló do que determine a fiscalía hai unha evidente irresponsabilidade política derivada dunha decisión do alcalde adoitada sen o aval de ningún informe técnico. esta decisión provocou un efecto chamada para que a xente empregue o vehículo libremente, o que vai en contra da propia normativa de tráfico así como das recomendacións do PMUS e do elemental sentido común.

Desde a supresión do sistema controlado de aceso á zona histórica, esta incrementou notablemente tanto o tránsito de vehículos como o estacionamento dos mesmos sen ningún tipo de control, orixinando molestias a veciñanza, problemas de mobilidade, de ruido, des eguridadade para os peóns, de contaminación e mesmo do incumprimento das normas de tráfico.

A ollos do BNG, a zona histórica de Ourense parece a AP9, polo que desde o Grupo Municipal volven incidir na necesidade de tomar medidas ao respecto, do mesmo xeito que reiteran que xa daquela, cando o alcalde anunciara a baixada dos bolardos, os nacionalistas insistían na necesidade de que un sistema de control como ese fose sustituído de inmediato por outro para evitar a situación actual.

O que demostrou e demostra, Gonzalo P. Jácome é de que ademáis de non ter proxecto, non ter plan para Ourense e adoptar decisións por impulsos, sen ningún tipo de soporte técnico. Para os nacionalistas, o actual alcalde do Concello de Ourense, lonxe de resolver problemas, créaos.

Valoración da reunión sobre a ordenanza de terrazas e veladores.

Na reunión mantida esta mañá para avanzar na Ordenanda de terrazas e veladores, o BNG volveu reiterar a necesidade de revisar determinadas cuestións que os nacionalistas xa plantexaron en xuntanzas anteriores pero que o Goberno Local non estimou convientes.

Falan desde o Grupo Municipal do BNG da necesidade de establecer zonas ou ámbitos de actuación diferenciados xa que como resulta lóxico, a morfoloxía das rúas da zona histórica non é a mesma que a do resto da cidade, a dos barrios ou a do perímetro rural polo que a norma debera ter en conta o entorno e o lugar de localización onde se pretendan conceder as licenzas.

Os nacionalistas insisten igualmente na necesidade de que exista unha armonización entre esta ordenanda e o Plan de Protección da zona Histórica e que se teñan en consideración os informes e valoracións que se poidan facer desde a Oficina de Rehabilitación.

 Ao non dispor o Concello de Ourense dun plan de emerxencias municipais, desde o BNG pídenlle ao Goberno Local maior claridade e concreción no referido ao aceso de vehículos de emerxencia en determinadas zonas e evitar que ante calquera emerxencia, os equipos se poidan ver inutilizados como consecuencia da ocupación da vía pública por parte das terrazas e os veladores, algo que por certo, xa aconteceu non hai tanto tempo.