O Carballiño e o Ribeiro recuperan emprego a pesar da situación sanitaria

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou que a Comunidade segue a rexistrar menos persoas sen emprego que no inicio da pandemia. A Comunidade anota en febreiro unha baixada do paro (-0,41%) mentres que no Estado aumenta (+1,12%). Galicia gaña 1.692 afiliacións respecto de xaneiro, o que a sitúa como 4ª rexión con mellor comportamento

Lado sinalou que a Xunta está a reforzar as súas políticas activas de emprego para loitar contra os efectos da pandemia dándolle prioridade aos colectivos con máis dificultades.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na nosa contorna, tanto a comarca do Carballiño coma a do Ribeiro presenta cifras positivas, recuperando emprego neste mes. Na comarca do Carballiño hai 34 parados menos. Destacamos que en Maside, o paro conta con 17 persoas menos; en Boborás, sete persoas toparon emprego en febreiro, e en San Cristovo de Cea, oito persoas volveron ó mercado laboral.

No Ribeiro, o paro conta con 16 persoas menos anotadas. Destacan Carballeda de Avia e Cenlle, con seis parados menos cada un deles e Cortegada, con catro desempregados menos.