Este sábado, 2.200 ourensáns de entre 50 e 55 anos recibirán a vacina de Astrazéneca

12,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ofrecerá unha rolda de prensa para informar dos asuntos tratados no comité clínico de Sanidade. Tamén asistirán o secretario xeral técnico da Consellería, Alberto Fuentes; a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo; e o xerente do Sergas, José Flores, e participarán por videoconferencia os membros do comité clínico Pedro Rascado e María Sande foto xoán crespo 18/11/2020
IES CHAMOSO LAMAS

O comité clínico que fai seguimento da evolución da covid propuxo hoxe manter no nivel máximo de restricións a Boborás, cas medidas que entraron en vigor o pasado luns. En total son seis os concellos galegos neste nivel máximo. Os datos dan un respiro a Galicia pero o conselleiro, Julio Comesaña, pide prudencia xa que afirma “o virus está atento a calquera erro”.

En canto á vacinación, Julio Comesaña sinala que chegou a quenda das persoas entre os 50 e 55 anos. Ourense vacinará a 2.200 persoas deste sector; delas 250 no Barco, 200 en Verín e 1.750 en Ourense. Este será un proceso piloto a modo de proceso masivo, o que permitirá probar o sistema de cara á vacinación masiva. Na cidade de Ourense realizarase en Expourense e convocarase a persoas nacidas entre o 11 de marzo do 65 e o 31 de decembro do 71, ordenados de xeito alfabético empezando pola letra H.

HIPER MASIDE

PUBLICIDADE