Galicia baixa hoxe da barreira dos 3.000 contaxios activos, rexistrando 133 novos nunha xornada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 133 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.931. A presión asistencial descende lixeiramente. Hoxe hai 73 (-4) persoas na UCI, e 257 (-14) ingresados nos hospitais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras continua co descenso de casos. Hoxe hai 4 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 14 casos, ata os 199 casos totais. Os hospitais presentan estabilidade, contando con 20 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (=) na UCI.

PUBLICIDADE