A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 27, unha cifra que se balance pola evolución de catro concellos.
No Carballiño, hoxe os datos soben dos 5 de onte ós 6 de hoxe. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, no mes de decembro.
Boborás é o concello con mais casos da comarca e que se atopa no nivel máxima de restricións sanitarias. Hoxe os datos establecéndose nos 13 positivos, os mesmos casos ca dende o día 6 de marzo.
Maside tamén amosa certa preocupación, co aumento nesta semana, e que hoxe segue na liña de ascenso, pasando dos 6 ós 7 casos activos. San Cristovo de Cea pasa de non ter ningún caso a ter hoxe un positivo.
E os demais concellos, Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.
PUBLICIDADE
