Sete concellos do Ribeiro están libres de coronavirus

Ribadavia presenta hoxe o máximo da comarca, con 8 casos activos, un caso máis ca onte.

Leiro mantén a mesma cifra ca onte, situándose nos cinco contaxios e sendo o segundo concello da comarca con máis positivos. Carballeda de Avia mantén dous casos activos. Arnoia e Cortegada, que contaban onte cun positivo cada un, están hoxe libres de coronavirus. Tamén están libres de virus Avión, Beade, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE