Nova manifestación en contra da explotación mineira Alberta I

Preto de medio centenar de persoas concentráronse esta fin de semana en Portela da Cruz, fronteira entre os concellos de Beariz e A Lama, convocados pola Plataforma SOS Suído-Seixo. A finalidade desta manifestación é a de pedir a caducidade do proxecto de extracción mineira chamado Alberta I. Entre os concellos nos que se prevé que se actúe dentro deste proxecto atópanse Beariz e Avión. Meses atrás, veciños destas zonas alertaban das posibles causas ambientais que produciría esta extracción, ubicada preto dun río e de zonas de gando. Esixían que Xunta de Galicia pedise un informe medioambiental e que paralizase este proxecto. A administración autonómica denegou a concesión para a extracción de minerais a causa dun informe negativo emitido pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES