A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 26, unha cifra que se balancea pola evolución de catro concellos.
No Carballiño, hoxe os datos baixan dos 7 ós 6 contaxiados, mantendo estables estas cifras nos últimos días.
Boborás é o concello que se atopa no nivel máxima de restricións sanitarias. Hoxe os datos baixan ata os 8 caso, dous positivos menos ca onte.
Maside amosa certa preocupación, co aumento na pasada semana debido a dous brotes. Hoxe sobe ós 11 contaxios, un máis ca onte, e representa o máximo da comarca. O comité mantén a Maside en vixilancia e mañá decidirase se se toman medidas más restritivas.
San Cristovo de Cea conta cun positivo. E os demais concellos, Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.
PUBLICIDADE
