Ourense repunta os pacientes en hospitais con sete ingresos en planta

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 92 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.481. A presión asistencial descende. Hoxe hai 49 (-8) persoas na UCI, e 215 (+1) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras continua co descenso de casos. Hoxe hai 8 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa nesta fin de semana en 2 casos, ata os 153 casos totais. Os hospitais presentan un ascenso leve, contando con 23 (+7) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=) na UCI.