O comité clínico avalía hoxe a evolución da pandemia nos concellos galegos

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, da unha rolda de prensa para informar dos asuntos tratados no comité clínico de Sanidade. Tamén asistirá o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias. FOTOS CONCHI PAZ

O comité clínico reuniuse a primeira hora desta tarde e comparecerá mañá para dar conta das medidas acordadas. Segundo comentaba o conselleiro, Julio García Comesaña, antes da reunión, este sería un encontro para avaliar a evolución dos concellos, deixando a un lado as medidas para Semana Santa.

Publicidade

Segundo os datos desta fin de semana, esta situación podería cambiar. Cortegada, Ribadavia ou Beade poderían aumentar restricións e, por outro lado, o descenso de casos de Boborás podería permitirlles aliviar as medidas ata o nivel catro.

Por outro lado, Comesaña referiuse tamén á vacinación con AstraZéneca, que se retomará mañá e que se ampliará ó colectivo de máis de 55 anos ata os 65 anos.

A situación actual a nivel de restricións está dividida en catro niveis, en función da incidencia acumulada de cada concello:

  • Nivel máximo de restriccións. OS concellos que están neste grupo, como Maside, seguen sen cambios. Hostalaría pechada, prohibidas reunións con non conviventes, e peche perimetral salvo causas xustificadas. Maside, Vilardevós e Paradela están neste nivel.
     
  • Incidencia 250-500: Boborás e A Mezquita. Hostalaría solo poderá abrir en terrazas, ampliación de horario ata as 21,00 horas. O aforo mantense sen cambios no 50%.
     
  • Incidencia 150-150: afecta a 14 municipios: aforo do 30% en interior e 50% en exterior. O horario de peche amplíase ás 21,00 horas. En Ourense estas medidas afectan a Coles.
     
  • Inferior a 150: o aforo en interior amplíase ó 50%, en exterior ó 75%, e amplíase o horario de peche ás 21,00 horas.