Espazo Común pide que se cambie a partida dos orzamentos de 315000 € de festexos para axudas a comercio, hostalería, autónomos e a políticas sociais

É patente para todos que nos achamos nun ano atípico en tódolos sentidos, pois a presencia da COVID-19 nas nosas vidas e as súas nefastas consecuencias, asulágano todo sen compaixón.

Por iso recibimos con moita sorpresa e aínda máis desagrado a proposta de Orzamentos Municipais feita polo goberno local do Carballiño cara a este ano 2021. Unhas contas prácticamente idéntico ás presentadas hai un ano, cando o termo “coronavirus” aínda nos resultaba case alleo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Seguen a priorizarse as festas, as subvencións directas e o asfalto sobre o asfalto, sen ter en conta para nada as necesidades sociais das familias nin das pequenas empresas.

Non hai un só euro para axudas a comerciantes, hostaleiros e autónomos. Redúcese ata case desaparecer a partida do Centro Comercial Aberto.

Os recursos destiñados a Servizos Sociais son case inexistentes máis alá dos xa comprometidos calquer ano normal.

Paradóxicamente, destiñanse 218.000 € a festexos e outras finalidades de máis ca dubidosa prioridade no contexto actual.

Dende Espazo Común, pensamos que a folla de ruta do Concello debera ser xusto a contraria. Darlle máis urxencia ás axudas e ás políticas sociais e deixar para modificacións posteriores as partidas duns festexos que aínda non se sabe ben se se poderán celebrar.

As alegacións que presenta o noso Grupo Municipal van encamiñadas a corrixir moitas destas eivas, procurando un novo equilibrio que permita axudar aos que máis o precisan dende xa e non ter que agardar a expedientes de remanentes nin a nada que aínda dilate máis o sufrimento de moitos veciños e veciñas. En definitiva, uns orzamentos moito máis sociais e de compromiso cun tecido socioeconómico que xa padece rigores abondo sen ter que sumar o abandono do seu Concello.

Por outra banda, dada a desinformación existente no plano das obras que o alcalde Fumega pensa acometer vía incorporación do aforro doutros anos do Concello, non imos entrar a valorar este capítulo á espera de coñecer cales son os proxectos que se van a acometer definitivamente.

Tampouco imos entrar xa nas propostas de minoración de subvencións directas, aínda que non sexa un modelo que compartamos, pois cando estes orzamentos sexan firmes, estaremos xa a metade de ano, co que o perxuizo para os colectivos podería ser importante de ter xa organizadas as actividades.

ALEGACIÓNS

Dende o Grupo Municipal de Espazo Común no Concello do Carballiño en base ao disposto no artigo 17 do TRLFL aprobado polo R.D.Lexislativo 2/2004 do 5 de Marzo e no artigo 49 da Lei 7/85  Reguladora de Bases de Réxime Local, polo que o expediente de Orzamentos Municipais para o ano 2021 require para a súa tramitación a exposición pública das mesmas durante 15 días no B.O.P. para que se poidan interpor as reclamacións ás mesmas que así se consideren; efectivamente e en dereito, solicitamos se teñan en conta as seguintes ALEGACIÓNS ao mencionado expediente levado a Pleno o 25 de febreiro de 2021.

É patente para todos que nos achamos nun ano atípico en tódolos sentidos, pois a presencia da COVID-19 nas nosas vidas e as súas nefastas consecuencias, asulágano todo sen compaixón.

Por iso recibimos con moita sorpresa e aínda máis desagrado a proposta de Orzamentos Municipais feita polo goberno local do Carballiño cara a este ano 2021. Unhas contas prácticamente idéntico ás presentadas hai un ano, cando o termo “coronavirus” aínda nos resultaba case alleo.

Seguen a priorizarse as festas, as subvencións directas e o asfalto sobre o asfalto, sen ter en conta para nada as necesidades sociais das familias nin das pequenas empresas.

Non hai un só euro para axudas a comerciantes, hostaleiros e autónomos. Redúcese ata case desaparecer a partida do Centro Comercial Aberto.

Os recursos destiñados a Servizos Sociais son case inexistentes máis alá dos xa comprometidos calquer ano normal.

As alegacións que presenta o noso Grupo Municipal van encamiñadas a corrixir moitas destas eivas, procurando un novo equilibrio que permita axudar aos que máis o precisan dende xa e non ter que agardar a expedientes de remanentes nin a nada que aínda dilate máis o sufrimento de moitos veciños e veciñas. En definitiva, uns orzamentos moito máis sociais e de compromiso cun tecido socioeconómico que xa padece rigores abondo sen ter que sumar o abandono do seu Concello.

Por outra banda,dada a desinformación existente no plano das obras que o alcalde Fumega pensa acometer vía incorporación do aforro doutros anos do Concello, non imos entrar a valorar este capítulo á espera de coñecer cales son os proxectos que se van a acometer definitivamente.

Tampouco imos entrar xa nas propostas de minoración de subvencións directas, aínda que non sexa un modelo que compartamos, pois cando estes orzamentos sexan firmes, estaremos xa a metade de ano, co que o perxuizo para os colectivos podería ser importante de ter xa organizadas as actividades.

ALEGACIÓNS DE ADICIÓN

ALEGACIÓN 1:

O alarmante aumento das cifras do paro é un aterrador adianto da crise económica que está a asomarse ao noso horizonte. As accións formativas e a orientación dos novos desempregados cara aos eidos con maiores posibilidades de empregabilidade, deben ser un eixo fundamental de tódalas políticas. Por iso, propoñemos a creación dun PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL que palíe a grave carencia de accións orientadas á inserción no eido laboral trala confirmación de que este ano non haberá Obradoiros nin Plan Integrado de Emprego ao non contar coas subvencións da Xunta de Galicia.

IMPORTE : 50.000 €

ALEGACIÓN 2:

Non é niste documento onde hai que entrar a valorar o fracaso da primeira fase de axudas COVID deste Concello para apoiar ás pemes locais, pero si é o momento de facer propósito de enmenda e non repetir vellos e gravísimos erros. Para iso faise imprescindible a inclusión de fondos para un NOVO PLAN MUNICIPAL DE AXUDAS AO TECIDO ECONÓMICO LOCAL, dotando unha partida para a posta en marcha de xeito inmediato dunha primeira parte da segunda fase da liña de axudas a autónomos, comercio e hostalaría para minorar os terroríficos efectos cos que a crise da COVID está a castigar a estes sectores. No momento da aprobación do remanente poderase incorporar o importe necesario para completar á contía comprometida. Folga dicir que todo iso cunhas novas bases que substitúan ao desastre do ano pasado.

IMPORTE: 150.000 €

ALEGACIÓN 3:

Creación da comprometida polo goberno municipal LIÑA DE AXUDAS AOS XIMNASIOS para dar apoio a este sector, especialmente castigado pola pandemia e que aínda a día de hoxe, sofre medidas restritivas moi severas que lles impiden un mínimo respiro económico.

IMPORTE: 9.000 €

ALEGACIÓN 4:

O CCA foi durante o ano 2020 o gran motor das campañas e accións de apoio ao sector comercial do Carballiño en moitos momentos moi complexos. Pódese afirmar sen ambaxes que supliu a falla de iniciativa deste Concello. Non é concebible que nestes orzamentos, o goberno local, os deixe abandoados á súa sorte e sen partida para continuar cos proxectos comezados e que son máis necesarios ca nunca.

Polo antedito, prantexamos aumentar a subvención directa ao CENTRO COMERCIAL ABERTO (CCA) con 50.000 máis para que este colectivo poida seguir adiante cos incontables proxectos que acometeu para apoiar ao comercio local neste díficil contexto. Podemos poñer como exemplo a elaboración dunha páxina web de venda online que precisa rematarse con urxencia.

IMPORTE: 50.000 €

ALEGACIÓN 5:

O abandono que está a padecer o movemento veciñal neste concello é preocupante e a constante desaparición das diferentes asociacións das partidas orzamentarias municipais non denota ningunha reacción ao respecto do grupo de goberno.

Niste caso, prantexamos unha modificación do tipo de partida para que as axudas cheguen realmente aos seus destiñatarios, sen que supoña ningún aumento de custo para as arcas municipais.

Creación dunha liña de subvencións de concorrencia competitiva para que os diferentes COLECTIVOS VECIÑAIS que aínda sobreviven no Carballiño poidan optar a elas e financiar as súas actividades.

IMPORTE: 10.000 €

ALEGACIÓN 6:

Outra partida que desaparece por sorpresa da proposta orzamentaria é de MANTEMENTO DE FONTES PÚBLICAS. Non parece axeitado deixar que moitos dos nosos manantiais e fontes ornamentais sigan a caer no abandono e o esquecemento.

IMPORTE: 5.000 €

ALEGACIÓN 7:

A subvención do PLAN DE AXUDA DE FAMILIAS CON ENFERMOS DE ALZHEIMER non pode verse reducida do xeito drástico que o fixo nesta proposta. Hoxe máis ca nunca, esas familias e os doentes desta cruel enfermidade, precisan atención e coidados.

Por outra banda, hai colectivos no Carballiño, coma ASDIFICA que poden prestar ese servicio, incluso a domicilio, sen ter que outorgarlle a subvención a asociacións de fóra do noso pobo.

IMPORTE: 15.000 €

ALEGACIÓN 8:

Non é aceptable que na situación actual, o Concello do Carballiño suprima a LIÑA DE AXUDAS PARA OS MAIORES. Non se gastou un só euro desta partida no ano 2020 pero é obvio que non foi porque non fixera falla. O Carballiño conta con máis de 3.000 persoas maiores de 70 anos e moitos deles vivindo sós ou en lugares do rural con moitas carencias de servizos e atencións. Non basta con adicar titulares nos xornais ao problema da soidade non desexada ou do envellecemento da poboación, hai que dotar do fondos as estratexias de apoio a este importante grupo da nosa veciñanza.

IMPORTE: 16.000 €

ALEGACIÓN 9:

No pleno de orzamentos do ano 2020, acordouse crear unha partida para a contratación dun SERVIZO DE LOGOPEDA MUNICIPAL. Este compromiso nunca se levou a termo e debemos reincidir este ano nunha necesidade que apremia a moitas familias do noso pobo. Un servizo que si teñen o resto de concellos da comarca a través da mancomunidade e co que a veciñanza do Carballiño só pode contar se pode pagalo.

IMPORTE: 10.000 €

ALEGACIÓNS DE REDUCCIÓN

As partidas adicadas a festexos vanse ver ao igual que aconteceu o ano pasado, afectadas pola imposibilidade de levar adiante eventos masivos polo que semella máis lóxico adicar eses recursos ás necesidades máis urxentes da economía local.

A nosa proposta basease en que tendo a posibilidade de incorporar recursos dende o remanente ou incluso do sobrante do capítulo 1, no caso de poder levar a termo festexos coma a Festa do Pulpo ou as Festas do Setembro, se fagan no seu momento as modificacións necesarias.

ALEGACIÓN 11: Reducir da partida ACTUACIÓNS E ESPECTACULOS ACCIÓN SOCIAL en 7.000 €.

IMPORTE: 7.000 €

ALEGACIÓN 12: Reducir a partida de ALUGUER MATERIAL DE ILUMINACIÓN, SON E OUTROS en 18.000 €.

IMPORTE: 18.000 €

ALEGACIÓN 13: Diminuir a partida de ACTUACIÓNS E ESPECTÁCULOS en 30.000 €.

IMPORTE: 30.000 €

ALEGACIÓN 14: Rebaixar a partida da COMISIÓN DE FESTAS PATRONAIS en 25.000 €.

IMPORTE: 25.000 €

ALEGACIÓN 15: Reducir a partida TRANSFERENCIAS CAMISETAS, CARNAVALES, ESCAPARATES, XOCIVIGA… en 10.000 €.

IMPORTE: 10.000 €

ALEGACIÓN 16: Reducir a partida de FESTEXOS POPULARES (POLBO, CACHUCHA, VIÑO CABANELAS…) en 70.000 €.

IMPORTE: 70.000 €

Hai tamén unha serie de partidas na proposta de Orzamento Municipal para o 2021 que baixo o epígrafe de ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS ou semellantes, que poden reducirse ostensiblemente xa que os proxectos que se fagan con cargo ao remanente xa poden incluír a financiación dos proxectos na mesma modificación.

ALEGACIÓN 17: Reducir a partida 150.11.227.06 de ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS de Vivenda e Urbanismo en 15.000 €

IMPORTE: 15.000 €

ALEGACIÓN 18: Suprimir a partida 162.11.227.06 de ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS de Recollida e Tratamento de Residuos o que suporían 4.000 €.

IMPORTE: 4.000 €

ALEGACIÓN 19: Reducir a partida 172.00.227.06 de ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS de Protección e Mellora do Medio Ambiente en 10.000 €.

IMPORTE: 10.000 €

ALEGACIÓN 20: Reducir a partida 920.11.227.06 de ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS de Casa Consistorial en 10.000 €

IMPORTE: 10.000 €

ALEGACIÓN 21: Suprimir a partida ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS de Fomento do Turismo de 5.000 €.

IMPORTE: 5.000 €

ALEGACIÓN 22:

A partida de GASTO EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN é moi elevada, máis tendo en conta que a falla de celebración de gran número de eventos, evita o gasto publicitario correspondente para a súa difusión.

IMPORTE 20.000 €

ALEGACIÓN 23: 

A partida da APORTACIÓN MUNICIPAL PARA O OBRADOIRO carece de sentido unha vez perdido novamente a posibilidade de recibir subvención da Xunta de Galicia para desenvolver un. No caso de recibir á fin a concesión dun no convocatoria 2021/2022, poderíase dotar mediante o remanente. Namentres e ante a posibilidade de que se siga sen poder executalo, a execución do proposta PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL cubriría esta necesidade.

IMPORTE: 20.000 €

ALEGACIÓN 24:

Reducción das partidas adicadas a COMPRA MATERIAL SANITARIO COVID en 15.000 € xa que os importes restantes xunto cos xa existentes para mercar material de limpeza e aseo son máis ca de sobra para cubrir un gasto semellante ao acometido no ano 2020.

IMPORTE: 15.000 €

ALEGACIÓN 25:

Supresión da partida de 5.000 € fixada como cota do EIXO ATLÁNTICO.

IMPORTE: 5.000 €

ALEGACIÓN 26:

Reducción da partida do MUÍÑO DO ANXO en 12.000 €, xa que o Parque Etnográfico no seu conxunto debería contar cun orzamento propio para a súa posta en marcha dentro das partidas do remanente.

IMPORTE: 12.000 €

ALEGACIÓN 27:

Supresión da partida PLAN MELLORA LOCAIS SOCIAIS CORRENTE por un importe de 6.000 €, xa que nos últimos anos nunca foi empregado un só euro para ese fin e que será substituida por unha liña de concorrencia competitiva para as asociacións veciñais.

IMPORTE: 6.000 €

ALEGACIÓN 28:

Supresión da partida PLAN MELLORA LOCAIS SOCIAIS INVERSIÓN por un importe de 4.000 € que será substituida por unha liña de concorrencia competitiva para as asociacións veciñais.

IMPORTE: 4.000 €

ALEGACIÓN 29:

A supresión drástica de eventos, actos e encontros, fai innecesaria gran parte da partida de ATENCIÓNS PROTOCOLARIAS que se pode diminuir sen maior problema en 7.000 €.

IMPORTE: 7.000 €

ALEGACIÓN 30:

Supresión da partida ELABORACIÓN AUDITORÍA ENERXÉTICA DO CONCELLO, aforrando así 5.000 € xa que debe ser o quinto ano que se inclúe. A estas alturas, xa debería estar máis que auditado.

IMPORTE: 5.000 €

ALEGACIÓN 31:

Reducción da partida MANTEMENTO EQUIPOS INFORMÁTICOS en 17.000 €.

IMPORTE: 17.000 €