Emprendedores en tempos de covid: barbería Almeida e o Lavadoiro do Arenteiro

A situación sanitaria derivada do coronavirus está provocando este ano una crise económica de gran dimensión, derivada do parón da actividade xeral en marzo e das consecuentes restricións nesta segunda ola da pandemia. Ante esta situación, a maioría dos sectores económicos vense abocados ó peche ou a problemas financeiros. Pero tamén hai outra cara nesa moeda. A finais deste ano tan difícil, aínda quedan algúns que se atreven a emprender e que non teñen medo ante a situación que estamos a vivir. No Carballiño puidemos falar con Tania Fernández, propietaria da nova Barbería Almeida, no entorno da Veracruz. Asegura que abrir este negocio era o seu soño e que esta situación non conseguiu apagalo.

Outro dos novos proxectos que abriron as súas portas foi o Lavadoiro do Arenteiro, un autoservicio de lavandería que conta cunha sección diferenciada para poder lavar as prendas das mascotas. Ambos negocios son un exemplo de iniciativas que sobreviven á crise e ambos abriron as súas portas fai apenas uns días.

AVANTAR ACTIVIDADES