O concello de Leiro organiza unha andaina solidaria a Pena Corneira este sábado

O concello de Leiro organiza para este vindeiro sábado, día 18, unha andaina pola igualdade a Pena Corneira. Terá unha función solidaria, en favor da Fundación Amigos de Galicia. O custe é de 8 euros, cuxa metade será de donativo e a outra metade para a organización do evento. A andaina terá lugar entre as 10:00 horas e ás 13:00 horas, e ás 14:00 horas haberá un xantar de magosto.

Sairá da praza do cruceiro de Leiro e chegará ata a área recreativa de Pena Corneira. Farán unha visita á necrópole de Orega, ás ruínas do castelo de San Xoán e ao mirador, guiados polo antropólogo Xosé Antonio Gulías Lamas.

AVANTAR ACTIVIDADES