Galicia descende tanto casos activos como ingresos en hospitais. Ourense mantén a tendencia á baixa

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 95 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.403, cun leve descenso. A presión asistencial descende. Hoxe hai 36 (=) persoas na UCI, e 178 (-9) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe mantéñense as cifras estables. Hoxe hai 5 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa en seis casos ata os 150 casos totais. Os hospitais mantéñense estables, contando con 16 (-4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES